É un seguimento e/ou monitoraxe de morcegos acuáticos desenvolvido en Cataluña, iniciativa propia do Museo de Granollers e a asociación Galanthus. Está dirixido a calquera persoa que teña ganas de probar unha nova experiencia, a pesar de ser totalmente novo na monitoraxe de morcegos. Tan simple é que NON é requisito ter coñecementos previos, e xa verás que é igual de sinxelo como de divertido.
Hai máis países que o realizan…
A organización inglesa The Bat Conservation Trust é a creadora do método estandarizado de mostraxe en auga dos morcegos das ribeiras. En 1995, creouse un programa de investigación coñecido como National Bat Monitoring Pogramme cuxo obxectivo era o de desenvolver unha estratexia de vixilancia para especies de morcegos residentes en Reino Unido. Fíxate se o conseguiron que levan máis de 20 anos promovendo a conservación destes mamíferos grazas a profesionais e voluntarios.
O seguimento da fauna silvestre é unha ferramenta fundamental que numerosos científicos levaron a cabo para coñecer o estado de conservación da diversidade animal. Pero esta preocupación traspasou fronteiras. Non son os expertos os únicos preocupados, senón que a poboación en xeral viuse atraída polas problemáticas ambientais. Desta necesidade de coñecemento e implicación social creáronse numerosos proxectos de ciencia cidadá ao redor do mundo e este, é un deles.