Myotis daubentonii, Rat penat clar d'aigua, Daubenton saguzar, Morcego ratonero ribereño, Morcego-de-água, Daubenton's bat.
É unha especie frecuente, ben distribuída na maior parte da xeografía galega, aínda que anteriormente considerouse como unha especie con escasa presenza. Esta especie é insectívora, é dicir, aliméntase de insectos e está intimamente ligada ao bosque de ribeira xa que os seus refuxios atópanse nas árbores que rodean as masas de auga. Presenta unha axilidade excelente e caza insectos acuáticos e, mesmo, pequenos peixes mediante unha técnica coñecida como trawling (literalmente “arrastre”). Consiste nun voo próximo á superficie acuática (lámina de auga remansada dun río, lago, estanque) onde atrapan ás súas presas emerxentes ou flotantes e, deste xeito, aliméntanse dos insectos que se atopan xusto encima da superficie.
A súa forte dependencia dos sistemas acuáticos configura a esta especie como excelente bioindicador destes. O índice QURORÍOS permítenos coñecer os atributos e características ecolóxicas dun sistema fluvial a partir da actividade de depredación deste morcego acuático en diferentes tramos de río. Como funciona o índice? Moi sinxelo, contamos o número de pasos deste morcego e logo valoramos a condición do sistema fluvial na seguinte táboa:
Condición do sistema fluvial | Pasos por minuto | Bosque de ribeira |
---|---|---|
Natural | > 100 | Bosque de ribeira cunha condición natural |
Boa calidade | 21 - 100 | Bosque de ribeira con algunha alteración, pero cunha condición moi boa |
Baixa calidade | 6 - 20 | Alteracións significantes no bosque de ribeira, baixa calidade |
Mala calidade | 1 - 5 | Alteracións importantes no bosque, mala calidade |
Moi baixa calidade | 0 | Degradación extrema do bosque de ribeira, moi baixa calidade |
Exemplo: Se contei 56 morcegos durante a miña mostraxe quere dicir que o estado do devandito sistema recibe unha categoría de boa calidade do bosque de ribeira, é dicir, existe algunha alteración, pero a súa condición ecolóxica é moi boa.
Cousas para ter en conta…