O seu papel nos ecosistemas

Os morcegos cumpren uns servizos ecosistémicos, é dicir, achegan grandes beneficios aos seres humanos como son a regulación da poboación de insectos (entre eles moitas especies praga) ou son excelentes bioindicadores de diferentes tipos de ecosistemas (responden rapidamente aos cambios no ambiente).

Desta maneira, o índice QUIRORIUS permítenos coñecer o estado ecolóxico dos bosques de ribeira a partir da actividade dos morcegos acuáticos. No caso de Galicia, o único morcego acuático presente nestas terras é o morcego das riberias (Myotis daubentonii).

Grandes mitos ... todo mentira

Hai que evitar, custe o que custe, que o desalentador futuro ao que se dirixen estes mamíferos se faga realidade. E podemos comezar por desmitificar todo o mundo que os rodea e provoca que a xente lles teña medo ou os rexeite: 

  • Comen o millo gardado nos hórreos.
  • Enrédanse no pelo longo.
  • Son todos vampiros.
  • Son agresivos e daniños.
  • Todos os morcegos transmiten a rabia.
  • Son ratos vellos con ás.

QuiroRios.png Logo_GEAS.jpg image.png 1trns_copia_Red.png LATELA.jpg logo_quiropters.jpg Galanthus_LogoHeader.jpg quirorius_0.jpg

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos