Os morcegos, ou tamén denominados quirópteros, son o segundo grupo máis diverso de mamíferos despois dos roedores. Presentan unha infinidade de adaptacións únicas (mamíferos voadores, presentan ecolocalización, viven moitos anos a pesar do seu tamaño, …) o que lles converte nuns animais fascinantes.
En Galicia, existen máis especies de morcegos (de momento unhas 23 que se coñezan) que de roedores (17 especies). O seu éxito radica na falta de competidores xa que son practicamente os principais consumidores nocturnos de insectos. Pero, desafortunadamente, este éxito dista bastante da realidade. O estado de conservación deste grupo de mamíferos tan peculiar é desolador. Todas as especies españolas atópanse nalgunha categoría de conservación dentro dos distintos Catálogos de Especies Ameazadas, Directivas Europeas de protección ou nas Listas Vermellas. E as principais ameazas son todas de orixe antrópico: