Recursos para o aprendizaxe

Para facilitar a identificación visual e acústica dos morcegos acuáticos, que a miúdo poden confundirse con outras especies comúns en ambientes riparios, poñemos á túa disposición algunhas gravacións, realizadas mediante detectores heterodinos, dos morcegos acuáticos e doutras especies comúns. Tamén dispós de vídeos onde se mostra a particular forma de voo dos morcegos acuáticos.

Recoñecemento visual polo tipo de voo

Nos censos do QuiroRíos contabilízanse os animais que cruzan o noso campo visual. Podémolos ver facilmente grazas á lanterna que forma parte indispensable do material de campo do seguimento. É practicamente imposible, mesmo para os expertos, distinguir a maior parte de especies de morcegos atendendo unicamente á súa forma de voar. Afortunadamente os morcegos acuáticos son unha excepción, xa que cando se achan sobre os cursos fluviais onde se alimentan adoptan unha estratexia de voo particular que permite recoñecelos.

Típica ruta de voo de morcego común, sen manter unha altura fixa, moi errático e a miúdo bordeando a vexetación, onde buscan refuxio e alimento:

Ruta_voo_ppi.gif

Típica ruta de voo dun morcego acuático. O debuxo representa un curso de auga onde os animais voan describindo longos círculos, a miúdo repetidos con certa insistencia, sempre moi preto da superficie da auga, onde capturan as súas presas:

Ruta_voo_mda.gif

Para ver como se moven os morcegos de auga sobre a superficie de ríos e estanques, bótalle un vistazo ao seguinte. Nel tamén ódense escoitar os berros dos animais mediante un heterodino.

No seguinte vídeo documental, en inglés, móstrase como se comportan os morcegos acuáticos sobre un regato en Inglaterra, e permítenos tamén escoitalos mediante un detector heterodino.

Detectores de ultrasóns

Os detectores de ultrasóns converten o son de frecuencia inaudible para o oído humano en son audible. Parte das especies de morcegos pódense identificar mediante detectores de ultrasóns porqué usan frecuencias distintas, e os detectores permítennos saber a que frecuencia emite un animal.

Os detectores heterodinos funcionan cun pequeno sintetizador (parecido ao dunha radio) que permite variar o rango de frecuencias ultrasónicas que o aparello transforma a audibles.

Os ultrasóns a través do heterodino

Compara o son dos morcegos acuáticos co dos morcegos comúns. Estes últimos producen un son que lembra un aplauso, de ritmo moi irregular, mentres que os morcegos acuáticos emiten chillidos máis rápidos e secos, metrallados, e non tan irregulares:

Á esquerda un morcego das ribeiras, á dereita un morcego común

QuiroRios.png Logo_GEAS.jpg image.png 1trns_copia_Red.png LATELA.jpg logo_quiropters.jpg Galanthus_LogoHeader.jpg quirorius_0.jpg

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos